Presentación

O grupo de investigación Xenómica e Biomedicina (GXB) da Universidade de Vigo,  expandiuse recentemente para lograr o tamaño crítico necesario para devir verdadeiramente multidisciplinar e así poder enfrontarse con confianza a novos e ambiciosos desafíos en xenómica e biomedicina.

O grupo GXB é coordinado na actualidade por Diana Valverde, e inclúe tres IPs senior adicionais (Carmen Rodríguez, Carlos Canchaya e David Posada) e tres IPs mozos (Miguel Arenas, Iria Fernández-Silva e Marta Tojo), xunto con postdocs, estudantes de doutorado e persoal técnico.

O GXB forma parte do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) na Universidade de Vigo,  Centro Singular de Investigación da Xunta de Galicia.

A nosa investigación está actualmente financiada pola Universidade de Vigo, a Consellería de Cultura, Educación e  Ordenación  Universitaria da Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Economía y Competitividad do Goberno español, e o Consello de Investigación Europeo (ERC).

Investigación

O GXB aborda tres liñas principais de investigación:

1. Xenómica aplicada á enfermidades e patóxenos
2. Nanomateriais en biomedicina
3. Xenómica de organismos mariños

Na liña de xenómica aplicada á enfermidades e patóxenos, os investigadores do GXB colaboran en diferentes proxectos de investigación básicos e aplicados na base xenética de enfermidades humanas (Diana Valverde), na xenómica do cancro (Diana Valverde, David Posada, Miguel Arenas, Marta Tojo, Alberto Vicens), ou na xenómica de virus patóxenos (Miguel Arenas, Marta Tojo), tanto dende o punto de vista da medicina persoalizada como da epidemioloxía ou da evolución.

Na liña de nanomateriais en biomedicina, o laboratorio de M Carmen Rodríguez-Argüelles traballa na obtención de novas nanopartículas con aplicacións terapéuticas, en colaboración co laboratorio de David Posada.

Na liña de xenómica de organismos mariños os investigadores, colaboran en varios proxectos dirixidos ao estudo da xenómica da especiación en organismos mariños (Iria Fernández-Silva), e da xenómica estructural, comparativa  e filoxenómica de moluscos (Carlos Canchaya, David Posada).

Xente

Investigadores Principais

Investigadores Postdoutorais

  • Joao Alves, xenómica computacional cancro (mail)
  • Andrés Pérez-Figueroa, selección en cancro
  • Sara Rocha, filoxenómica  (mail)
  • Nuria Estévez, xenómica de célula única, coronavirus
  • Loretta de Chiara, cáncer, coronavirus
  • Guillermo Pousada (HAC), estudio mutacional da hipertensión arterial pulmonar (mail)
  • Maria Álvarez, rutas de señalización no síndrome de Alström (mail)
  • Sheila Castro, modelos animais no síndrome Bardet-Biedl (mail)

Estudantes doutorado

  • Tamara Prieto, xenómica computacional cancro (mail) (supervisor: David Posada)
  • Harry Detering,  xenómica computacional cancro (supervisor: David Posada)
  • Jose Luis Soto, xenética poboacional cancro (jsoto@uvigo.es) (supervisor: David Posada)
  • Laura Tomás, xenómica computacional cancro (ltomas@uvigo.es) (supervisor: David Posada)
  • Debora Chantada, patoloxía e xenética do cancro (supervisors: & Joaquín Glez-Carreró[HAC], David Posada)
  • Catarina Branco, evolución humana (mail) (supervisor: Miguel Arenas)
  • Roberto Del Amparo, evolución proteínas (mail) (supervisor: Miguel Arenas)
  • María Murgarella, xenoma mexillón (mail) (supervisor: Carlos Canchaya)
  • Manuel Mendoza, xenómica marina (supervisor: Carlos Canchaya)
  • Noelia González-Ballesteros (supervisor: Carmen Rodríguez-Argüelles)
  • Brais Bea, base molecular do síndrome de Alström (mail) (supervisor: Diana Valverde)
  • Mauro Lago, base molecular da hipertensión arterial pulmonar (mail) (supervisor: Diana Valverde)
  • Fabian Crespo,  estimación de fitness clonal en cancro (mail) (advisor: David Posada)
  • Monica Valecha, firmas mutacionais tumorais (mail) (advisor: David Posada)
  • Pilar Gallego, epidemiología molecular coronavirus (advisor: David Posada)
  • Nair Varela, evolución de células tumorales circulantes (advisor: David Posada)

Persoal técnico

  • Merchi Rodríguez, xestión e administración (mail)
  • Pilar Alvariño, técnica de laboratorio
  • Jose María Lamas, técnico de laboratorio

Contacto

Os nosos laboratorios atópanse en Vigo no campus As Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo:

  • Facultade de Bioloxía
    • Carlos Canchaya
    • Diana Valverde
  • Facultade de Química
    • Carmen Rodríguez-Argüelles
  • Torre CACTI (entrada polo CINBIO)
    • Miguel Arenas
    • Iria Fernández-Silva
    • David Posada
    • Marta Tojo

Tel.: (+34) 986 130050

Novas