Presentación

O grupo de investigación Xenómica e Biomedicina (GXB) da Universidade de Vigo é un equipo multidisciplinar constituído para afrontar con confianza novos e ambiciosos retos en investigación biomédica e xenómica.

O grupo GXB está actualmente coordinado por Diana Valverde, e inclúe cinco IPs adicionais: Carmen Rodríguez, Carlos Canchaya, Miguel Arenas, Iria Fernández-Silva e David Posada, xunto con postdoutorais, estudantes de posgrao e persoal técnico.

O GXB forma parte do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) na Universidade de Vigo,  Centro Singular de Investigación da Xunta de Galicia.

A investigación do grupo GXB está actualmente financiada principalmente pola Universidade de Vigo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Economía e Competitividade do Goberno de España, e a Unión Europea.

Investigación

O GXB aborda tres liñas principais de investigación:

1. Xenómica aplicada á enfermidades e patóxenos
2. Nanomateriais en biomedicina
3. Xenómica de organismos mariños

Na liña de xenómica aplicada á enfermidades e patóxenos, os investigadores do GXB colaboran en diferentes proxectos de investigación básicos e aplicados na base xenética de enfermidades humanas, na xenómica do cancro ou na xenómica de virus patóxenos, tanto dende o punto de vista da medicina persoalizada como da epidemioloxía ou da evolución.

Na liña de nanomateriais en biomedicina, distintos membros do GXB traballan na obtención de novas nanopartículas con aplicacións terapéuticas en cáncer.

Na liña de xenómica de organismos mariños os investigadores, colaboran en varios proxectos dirixidos ao estudo da xenómica da especiación en organismos mariños  e da xenómica estructural, comparativa  e evolutiva de moluscos mariños.

Contacto

Os nosos laboratorios atópanse en Vigo no campus As Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo:

  • Facultade de Bioloxía
    • Diana Valverde
  • Facultade de Química
    • Carmen Rodríguez-Argüelles
  • Torre CACTI (entrada polo CINBIO)
    • Miguel Arenas
    • Valeria Zoni
    • Iria Fernández-Silva
    • David Posada

Tel.: (+34) 986 130050

Novas