Investigación

O GXB aborda tres liñas principais de investigación:

1. Xenómica aplicada á enfermidades e patóxenos
2. Nanomateriais en biomedicina
3. Xenómica de organismos mariños

Na liña de xenómica aplicada á enfermidades e patóxenos, os investigadores do GXB colaboran en diferentes proxectos de investigación básicos e aplicados na base xenética de enfermidades humanas, na xenómica do cancro ou na xenómica de virus patóxenos, tanto dende o punto de vista da medicina persoalizada como da epidemioloxía ou da evolución.

Na liña de nanomateriais en biomedicina, distintos membros do GXB traballan na obtención de novas nanopartículas con aplicacións terapéuticas en cáncer.

Na liña de xenómica de organismos mariños os investigadores, colaboran en varios proxectos dirixidos ao estudo da xenómica da especiación en organismos mariños  e da xenómica estructural, comparativa  e evolutiva de moluscos mariños.